Cargando...

Novas Mais Novas

Discriminación tras discriminación

06/07/2020

foto  Discriminación tras discriminación

A través desta comunicación queremos manifestar o profundo malestar por parte do persoal funcionario do Grupo A da Xunta de Galicia co actual Goberno da Xunta de Galicia.
 
Non se saben os motivos, pero está claro que ao actual Goberno da Xunta de Galicia non lle gusta o grupo A. Primeiro asinou unha carreira profesional na que se discriminaba ao dito grupo na consecución dos diferentes graos; despois non aceptou eliminar a dita discriminación, nin modificala parcialmente, igualando ao grupo A cos outros grupos a partir de 2021; máis tarde, declarou, co resto das Consellerías, uns servizos esenciais así como unha reincorporación progresiva ao traballo presencial baseada na incorporación do persoal do grupo A (inspectores de todo tipo, dende veterinarios a enxeñeiros de minas, xefes de servizo e similares, etc); e agora xa trasladou a Sepga que pensa manter a discriminación do grupo A na carreira profesional sine diesen un compromiso de mínimos. A mensaxe cara á cidadanía e ás empresas do sector privado é: formación, especialización, tecnoloxía e, neste tempo de pandemia, fomento do teletraballo, mentres que internamente penalízase ao grupo A, grupo que debe posuír unha maior formación e especialización para desenvolver o seu traballo, e ponse atrancos nunha implementación adecuada do teletraballo.
 
O noso traballo considérase esencial e así se declarou durante a corentena, pero esa consideración non se valora no mesmo senso, non só temos os salarios do Grupo A máis baixos de todas as comunidades autónomas, senón que se nos discrimina sen impunidade en temas como a carreira profesional, non aceptando eliminar a dita discriminación, que ten un aspecto cualitativo de suma importancia para os traballadores afectados, a pesares de que economicamente ten un custo ínfimo respecto dos orzamentos consignados no capítulo I (Persoal).
 
O persoal do grupo A da Xunta de Galicia vería moi positivo que dende o Goberno da Xunta de Galicia se trasladase unha mensaxe que acollese unhas peticións que, por unha parte, considéranse xustas e adecuadas para dito colectivo e, por outra, entendemos que suporían unha achega de valor moi importante na procura dunha Administración profesional.
 
 
Lembrade que podedes afiliarvos dun xeito sinxelo seguindo as instrucións recollidas na nosa web http://www.sepga.es/Afiliate/
Igualmente, se desexades participar connosco na defensa dos nosos dereitos ou formular suxestións, inquedanzas etc, podedes facelo a través do mail sindicato-sepga@xunta.gal