Cargando...

Novas Mais Novas

Convenio SEPGA - AGRUPA

14/02/2020

foto  Convenio SEPGA - AGRUPA

O pasado 31 de decembro de 2019, asinouse o Convenio marco de colaboración entre a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (AgrupA) e o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (SEPGA), un acordo do que esperamos obter grandes frutos.

 

Este convenio permite intrumentalizar a colaboración entre dúas organizacións con numerosos intereses conxuntos, destacando entre outras :

a) Prioridade dos afiliados/asociados da outra organización en todas as actividades formativas que realicen nas que queden prazas vacantes logo da petición dos seus asociados/afiliados.
b) Colaboración na realización de traballos, informes, e todo tipo de actividades de carácter xurídico que se atopen dentro do respectivo ámbito de funcións.
c) Difusión recíproca das actividades que desempeñe/promova cada organización e que teñan interese para o desempeño profesional.
d) Organización conxunta todo tipo de actividades de interese común para ambas organizacións.

 

Igualmente, e co obxecto de fortalecer os lazos entre ambas organizacións e favorecer que os membros de cada unha delas poida formar parte simultaneamente da outra, as partes acordan establecer unha redución no pago de cada unhas das cotas nun 50% a aqueles que acrediten a súa pertenza a ambas.

 

Deste xeito a cota, para aquelas persoas que estén nas dúas organizacións pasará a ser de 10 euros en cada unha delas (lembra que podes desgravar na declaración da renta a cota que se paga ao sindicato).
 

A continuación indicámoste como tes que facer para beneficiarte desta reducción se eres afiliad@ e como facer no caso de que aínda non o sexas nalgunha das dúas organizacións:

1. Persoas que no momento de entrada en vigor do convenio xa se atopan dadas de alta en ambas organizacións:

Estas persoas comunicarán por correo electrónico (corposuperior.santiago@xunta.gal e sindicato-SEPGA@xunta.gal) a calquera das dúas organizacións a súa pertenza a ambas, sen prexuízo de que as organizacións crucen as súas bases de datos.
Neste suposto, ambas aplicarán a cota reducida no momento de pasarlle a cota domiciliada.

2. Persoas que estando afiliadas/asociadas nunha das organizacións, soliciten o seu ingreso na outra antes de que se teña producido o pago da cota en ningunha delas:

Estas persoas comunicarán á súa organización o seu compromiso de darse de alta na outra. En paralelo cubrirán a solicitude de adhesión á segunda marcando a opción de cota bonificada por pertenza á outra asociación/sindicato.
Neste suposto, a organización que reciba a notificación do seu socio/afiliado, dará traslado desta á outra, e ambas aplicarán a cota reducida no momento de pasarlle a cota domiciliada.

3. Persoas que estando afiliadas/asociadas nunha das organizacións, soliciten o seu ingreso na outra antes despois de que se teña producido o pago da cota nunha delas:

Estas persoas cubrirán a solicitude de adhesión á segunda marcando a opción de cota bonificada por pertenza á outra asociación/sindicato.
Neste suposto, a organización que reciba a solicitude de adhesión, comunicarallo á outra para certificar a súa pertenza á primeira, para poder aplicarlle a cota reducida.
Nese primeiro ano, unicamente verán bonificada a súa cota na segunda das organizacións, sen prexuízo de que en sucesivos anos serán bonificados en ambas.

4. Persoas que non están afiliadas/asociadas en ningunha das organizacións e soliciten o seu ingreso nas dúas simultaneamente:

No primeiro ano, estas persoas cubrirán os formularios de adhesión marcando a opción de cota bonificada por pertenza á outra asociación/sindicato e deberán realizar cadansúa transferencia da cota bonificada a pagar.
En sucesivos anos aplicaráselle a cota reducida no momento de pasarlle a cota domiciliada.

As persoas xubiladas poderán seguir pertencendo a ambas organizacións sen necesidade de abonar cota.

Nos próximos días actualizaremos os formularios para que, se aínda non estás asociad@, poidas facelo coa reducción

 

Afíliate!

http://www.sepga.es/Afiliate/