Cargando...

Novas Mais Novas

BORRADOR ACORDO SISTEMA TRANSITORIO RECOÑECEMENTO CARREIRA

06/06/2022

foto  BORRADOR ACUERDO SISTEMA TRANSITORIO RECONOCIMIENTO CARRERA

Achégase para alegacións o borrador do Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.


Co obxecto de ter tempo para analzalas antes da súa remisión ante a DXFP, abrimos un prazo de alegacións ata o xoves 9 de xuño ás 12:00 horas.

 

Aproveitamos esta comunicación para indicarvos que na reunión de hoxe dende o SEPGA, entre outros, pediuse información sobre:
 
A constitución dos grupos de traballo para a xestión dos fondos europeos en xeral e para os de resiliencia (next generation) en particular.
Sobre o concurso expecífico. O director xa nos dixo ao SEPGA bastante antes do inicio de estado de alarma pola COVID que estaba pendente de informe da Asesoría Xeral da Xunta o Decreto que o regula e a día de hoxe non sabemos nada. O director dixo que agora o problema de non convocalo non é o informe da Asesoría que xa emitiu informe fai tempo. Tampouco explicou cal é logo o problema de non convocalo.


Un saúdo