Cargando...

Novas Mais Novas

MESA FUNCIONARIOS. BORRADOR ACORDO INSPECTORES FARMACÉUTICOS SAÚDE PÚB

20/04/2023

foto  MESA FUNCIONARIOS. BORRADOR ACUERDO INSPECTORES FARMACÉUTICOS SAÚDE PÚBLICA

O pasado 18 de abril celebrouse unha Mesa de Funcionarios Públicos que na súa maior parte se centrou nunha proposta de Acordo da Consellería de Sanidade para a ordenación e mellora da prestación dos servizos da clase farmacéuticos inspectores de saúde pública.

O borrador de acordo fora anunciado o venres da pasada seman polo director xeral de Función Pública, que posteriormente trasladou ás organizacións sindicais o documento que podedes ver como anexo a esta noticia. 

Tras o análise por parte de SEPGA xunto coa Asociación Profesional de Funcionarios Inspectores Farmacéuticos, durante a mesa expusemos as nosas impresións, nas que participou unha inspectora que é delegada sindical do SEPGA e que consisten en:

  • Evidenciar a falla de tempo e a premura coa que a Consellería de Sanidade presenta esta proposta, cando en realidade xa se pudo ter negociado con antelación ao seu paso polas mesas de negociación.
  • Non se aporta suficiente información acerca de cómo se vai a financiar os cambios nos niveis de complemento específico, se vai supor amortizacións de prazas, cales etc. Pensamos que é necesaria unha negociación, pero coa Consellería de Sanidade, non xa directamente con Función Pública.
  • Queremos deixar claro que unha cosa sería un cambio de nivel debido a asumir máis responsabilidades e competencias polos servizos de inspección farmacéutica de saúde pública, que suporía o pago de nivel que se indica na normativa, e outra é que se hai un cambio nas condicións de traballo, con establecemento de gardas, traballo fora do horario habitual dos empregados públicos da administración autonómica, presenza física por alertas etc, ditas circunstancias deben ser remuneradas mediante un complemento específico diferencial, cuias condicións deben ser negociadas e discutidas tanto coas organizacións sindicais, coma por suposto co propio colectivo afectado.
  • Respecto á pretensión de incluir coma formación específica na RPT o permiso de conducción B coma requisito imprescindible, mostramos o noso completo rexeitamento xa que esa condición nin é formación dun corpo de inspección, que en todo caso atinxe ao seu coñecemento da súa disciplina, normativas reguladoras, tomas de mostras etc, nin que entre as funcións dun inspector non se atopan as de conducción de vehículos. De ser o caso, e se a administración ten esa pretensión debería ser obxecto dun complemento de conducción que se negociase, remunerado aparte e que se limitaría á conducción derivada de realizar actuación, seguimentos, o situacións análogas e en ningún caso de actuar de condutores para traslados de material, mostras etc., posto que para iso a administración autonómica xa ten condutores, ou pode realizar contratación de empresas de correo ou paquetería.
  • Respecto as condicións concretas de cambio de horarios de traballo, funcións durante o fin de semana, compensacións polo réxime especial de presetacións de servizos que excedan o horario ou a xornada ordinaria, indicamos que existe outros acordos, incluso tamén susceptibles de mellora, para a ordeación das prestacións e que deben server coma base mínima para establecer calquera acordo con funcionarios inspectores sanitarios da administración xeral da comunidade autónoma.

Xa máis polo miúdo indicamos que:

  • Non está xustificada coma nova función asignada aos FISP o punto C.4) respecto de colaboración de actividades noutros departamentos da Dirección Xeral de Saúde Pública que carecen de inspectores propios; se debe concretar e definir ben para non dar lugar a equívocos e ver se as funcions son compatibles.
  • Respecto das quendas de tarde, na proposta se indican demasiadas quendas (15 xornadas por bimestre, que é case un 40% das xornadas nun horario distinto ao horario xeral) polo que se deben reducir significativamente, e establer un  horario de tarde máis racional e que sexa compatible cos hábitos de vida, conciliación etc.
  • As gardas de presenza localizada que indica o acordo (10 ao ano para fins de semana e festivos) son excesivas e sobrepasan os acordos existentes , polo que se deben reducir significativamente.
  • Respecto do punto 3.6) e o establecemento pola Dirección Xeral de Saúde Pública de servizos extraordinarios por circunstancias excepcionais, se deben concretar moito máis cales son esas circunstancias e o órgano do que dependen, xa que os inspectores prestan servizo nos ámbitos da Xefaturas Territoriais.
  • No relativo aos coordinadores que indica a proposta de acordo, como indicamos antes se enmarcan nunha falla de información acerca dos postos, funcións, retribucións destes postos, que non se teñen xa que non se dispón da proposta de RPT da Consellería de Sanidade para os corpos de inspección veterinaria e farmacéutica, nin tan sequera unha información xeral acerca do deseño desta circunstancia.
  • No punto 4 respecto das funcións de fin de semán, non parece lóxico incluir coma actividades non programadas as denuncias nin un seguemento de factores de risco de abrochos en los que se podan realizar no horario de luns a venres.
  • Os complementos específicos, que como dicimos deben ser diferenciais para compensar cambios de horarios, gardas etc, deben ser coma mínimo os dos acordos existentes, pero que incluso deberían ser mellorados xa que se quedaron un tanto desfasados, ao igual que a proposta de remuneración por hora efectiva de traballo en caso de presenza física, xa que a  proposta deste novo acordo indica unha contía  desfasada (ano 2008).
  • Finalmente no relativo á mobilidade xeográfica indica da no punto sexto se indicou que 35 días hábiles de mobilidade polas necesidades de aumentar o persoal en zonas xeográficas, o que implicaría o traslado de persoal inspector dende outras zonas, é excesivo e debe ser significativamente diminuído.

 

En resumo, hai moitos aspectos que pulir e negociar, cuestión que a consellería de Sanidade ven a recoñecer xa que manifestou que se propón un acordo porque se observa unha necesidade e as funcións dos funcionarios inspectores farmacéuticos non se atopan ben neste momento e recoñecendo que non houbo reunións coas organizacións sindicais nin coa asociación profesional de farmacéuticos, senon que unicamente algun persoal solicitou unha reunión co conselleiro e foi recibido, se ben non se fixo máis que escoitar.

Abundar tamén que este tipo de negociacións que atinxen a persoal funcionario, deben ter en conta precisamente aos funcionarios e ser tratados en Mesa de Funcionarios, cos sindicatos representativos dos mesmo, e sobre todo con SEPGA que recibiu un forte apoio deste colectivo, polo que manifestamos que ante un posible acordo, este debe incluir a calquera organización sindical que os represente e así debe constar tamén nas consecuencias, seguimento etc.