Cargando...

Novas Mais Novas

Consulta para persoal da DX Defensa do Monte e da DX Planificación e O

17/05/2023

foto  Consulta para personal de la DX Defensa do Monte y de la DX Planificación e Ordenación Forestal en la Consellería do Medio Rural

Ante o anuncio realizado pola Consellería do Medio Rural para a separación da  Dirección Xeral de Ordenación Forestal en dous centros directivos, a Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestas, coa consecuente separación de postos de traballo, funcións e competencias, e nas consecuencias que poden ter no persoal afectado, ante o anuncio da realización dunha enquisa neste persoal, SEPGA decidiu que se debía trasladar calquera información ou contido as persoas traballadoras destas unidades, pois son quen de expresar verdadeiramente o sentir ante unha situación que pode marcar drásticamente o seu futuro tanto polo traballo a desenvolver coma polas repercusións económicas e diminución de soldo que pode supor.

O grao de inquedanza respecto destas cuestións ven manifestado xa pola resposta destas persoas semplemente ao anuncio de facer unha consulta por parte da Consellería implicada, coa finalidade de analizar as necesidades de modificación de ámbito territorial dalgúns postos e para ter en conta as preferencias das persoas empregadas públicas, sen entrar aínda en cuestións de fondo que, porén, para o persoal destas unidades teñen moito interese.

Nesta nova xuntamos respostas que se achegaron a SEPGA e eque consideramos interesantes trasladar á Consellería, así como o punto de vista da nosa organización sindical. Agradecemos a todas as persoas particapantes a súa resposta e o interés das súas suxerencias e especialmente ao documento debatido e aprobado en asemblea polo colectivo de enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes que reflicte o punto de vista de máis de cinconta profesionais.

 

Saúdos.