Cargando...

Novas Mais Novas

SEGUNDA ALEGACION AO BORRADOR DE BASES CONCURSO ESCALAS ESPECIAIS

11/09/2023

foto  SEGUNDA ALEGACION AL BORRADOR DE BASES CONCURSO ESCALAS ESPECIALES

SEPGA presentou o pasado día seis de setembro ante a Dirección Xeral de Función Pública as alegacións e observacións ao segundo borrador de bases para o concurso ordinario dos corpos e escalas da administración especial, subministrado por parte dese organismo, a fin de mellorar o citado documento, que tivera poucas modificacións respecto do primeiro borrador.

SEPGA insiste en que se deben ter en conta as peculiaridades respecto deste concurso que se deberá celebrar e que atinxen principalmente a cuestións coma que se trata de concursos que levan moito tempo sen convocarse (polo xeral fai máis dunha década que non se celebranen case todas as escalas), as características respecto da formación que adoitan a producirse nestes corpos e escalas que requiren outro enfoque respecto dos concursos xerais, así coma das situacións xeradas polas circunstancias que se teñen sucedido ao longo desta última década coma poden ser conciliacion e igualdade de xénero, agrupación familiar, adscripcións provisionais, etc.

Novamente queremos agradecer as numerosas e interesantes aportacións que enviachedes, e que na maior parte dos casos coinciden coa liña na que ven traballando esta organización sindical, e que evidencian o interese e necesidade que suscita esta cuestión, o que sen dúbida fai necesario que dende Funcion Pública se preste atención a esta necesidade dos seus empregados públicos e, en adiante, se realice un esforzo para crear unha dinámica e estrutura que permita a celbración regular de concursos, promoción interna e procesos selectivos, para unha mellora da administración, os seus empregados e en consecuencia dos cidadáns.