Cargando...

Novas Mais Novas

ALEGACIÓNS AO 4º BORRADOR BASES DO CONCURSO ESCALAS ESPECIAIS

26/09/2023

foto  ALEGACIONES AL 4º BORRADOR BASES DEL CONCURSO ESCALAS ESPECIALES

Presentamos as novas alegacións ao borrador subministrado por Función Pública para as bases do concurso dos corpos e escalas da administración especial.

O novo borrador contén poucas novidades e avances respecto ao anterior, debido segundo argumentan desde Función Pública, ás dificultades informáticas nas aplicacións que se utilizarán no concurso, xa que de ter que realizar modificacións como as que serían precisas, por exemplo no apartado de formación (organismos que a imparten, docencia, publicacións etc.), supoñería un atraso moi importante na realización dos concursos, nun marco de necesidade imposto polas condicións que marcan as disposicións da lei 20/2021.

Aínda entendendo as dificultades que pode supoñer a realización de cambios nunhas aplicacións que eran moi necesarias e son fundamentais para unha correcta xestión das necesidades da función pública, SEPGA entende que é necesario realizar unha formulación acorde coas circunstancias dos corpos e escalas especiais. Ademais o longo tempo transcorrido desde os anteriores concursos condiciona as circunstancias e períodos para ter en conta os méritos. Polo tanto, solicitamos que as bases deben contar con períodos amplo e ser flexibles para acomodar o feito de que gran parte do persoal nas escalas ou ben non concursou nunca, ou ben en períodos tan amplos como 25-30 anos tan só concursou unha vez.

Establecer un marco axeitado para lograr que os concursos, tanto dos corpos especiais como da Administración xeral, se realícen tendo en conta a idiosincrasia dos corpos, como que se convoquen coa periodicidade adecuada ata chegar ao establecemento dun concurso permanente, é unha cuestión tanto de presente como de futuro e que se debe considerar por parte de Función Pública para aliviar o prexuízo que supuxo a falta de concurso nunha xeración de funcionarios.

Finalmente, informamos que ante a petición das OO.SS. da celebración do concurso específico para evitar os prexuízos que pode supoñer na obtención de prazas do concurso para corpos especiais, e tamén pola necesidade de dar un impulso a unha cuestión que leva anos sobre a mesa pero que non avanzou, a Dirección Xeral de Función Pública comentou a posibilidade, que terán que estudar dada a carga de traballo que están acomentiendo, de celebrar conxuntamente o concurso de corpos especiais e o específico. SEPGA, que leva anos solicitando esta cuestión, pide que se faga un esforzo e se poña en marcha para dar cumprimento á normativa, evitar a dobre ocupación de prazas en comisión de servizo que poida supoñer o non celebralo, e que se realice coa maior obxectividade a provisión de prazas de xefaturas de servizo, baseada no mérito e a capacidade en aras dunha administración profesional.

Queremos agradecer novamente o interese mostrado respecto do concurso, manifestado nas numerosas suxerencias e alegacións que recibimos de vos.

Saúdos.