Cargando...

Novas Mais Novas

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL DO SEPGA

05/10/2023

foto  CONVOCATORIA  DE LA ASAMBLEA GENERAL DE SEPGA

 
COMUNICACIÓN REMITIDA ÁS PERSOAS AFILIADAS A SEPGA
Ainda que non teñas esa condición, se estás interesado nos principios que defende SEPGA na administración autonómica, podes asistir, sen voz nin voto, á Asemblea e se o consideras oportún, realizar unha solicitude de afiliación.
 
Día: 25 de outubro de 2023, mércores.
Hora: 17.15 horas. (1ª convocatoria) 17.30 horas (2ª convocatoria)
Lugar: Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid nº 2-4. Fontiñas - 15707 Santiago de Compostela
 
Poderán acudir todas as persoas afiliadas ou ben delegar o seu voto. Para a delegación de voto só se permite como máximo unha delegación por persoa e será necesario encher o formulario que se achega e xuntar copia do DNI da persoa delegante e que a persoa delegada se identifique no día da asemblea.
 
Nos próximos días achegarase a documentación necesaria para tratar os distintos puntos da orde da día.
 
 
ORDE DO DIA
  1. Lectura e aprobación, de ser o caso, da acta da Asemblea anterior.
  2. Informe da Comisión Executiva da xestión e actividade sindical.
  3. Informe da Comisión Executiva da situación económica.
  4. Votación de proposta da cota anual para persoas afiliadas.
  5. Votación e, de ser o caso, aprobación do Plan de Actuación para o ano 2024.
  6. Rolda libre de intervencións.