16/01/2024
O pasado venres 12 de xaneiro celebrouse unha sesión da Mesa Sectorial de Funcionarios na que se trataron varias convocatorias de procesos selectivos e promoción interna. Previamente, o mércores 10, se celebrara unha reunión preparatoria.
Concretamente se negociaron os procesos correspondentes a:
Grupo A1: Escalas de veterinarios, biólogos, finanzas, medicina, e unha modificación na convocatoria de inspección turística.
Grupo A2: Escalas de enfermaría e educador social, escala de finanzas.
Grupo B: Escala de educación infantil.
Grupo C2: PSX, xerocultor, auxiliar de laboratorio.
Agrupación Profesional: Persoal subalterno (con discapacidade intelectual).
Por parte de SEPGA alegouse que:
Os procesos en todas as escalas e grupos deberían realizarse mediante o sistema de concurso oposición tendo en conta que a situación creada tras décadas de inaxeitado funcionamento dos procesos selectivos e da taxa de reposición provocou unha situación na que aínda existe persoal de certa antigüidade.
Así, ante o anuncio do director xeral de Función Pública de que respecto das OEP da escala veterinaria se celebrarían mediante dous convocatorias simultáneas correspondentes por unha parte á oferta de 2021 (38 prazas) mediante concurso oposición con porcentaxes de 80%/20% e por outra banda as ofertas de 2022 (25 prazas) e 2023 (30 prazas) mediante acceso libre, que celebrarían o primeiro exercicio no mesmo día e hora, SEPGA argumentou que lle parece insuficiente e que debería incrementarse o número de prazas ofrecidas mediante concurso oposición. Respecto da celebración excluínte que faría que os opositores tiveran que elexir a que oferta se presentaban, argumentamos que os procesos selectivos se deben basar no seu carácter aberto e garantizarán a libre concurrencia (art. 55 da lei de emprego público de Galicia) ademáis de que non se trataba da mesma situación que se fixo con anterioridade nesta escala respecto dos procesos de consolidación e estabilización de persoal laboral e funcionario, polo que reclamábamos que se celebrasen en datas distintas e que se lle dera liberdade ás persoas aspirantes a presentarse aos que quixeran, en caso de manter dous procesos separados con sistemas de acceso distintos. Ante a postura unánime que neste tema mostraron as organización sindicais, o director xeral indica que se celebrarán en datas distintas.
Nesta escala débese ter en conta que é unha escala numerosa, na que se acumularon moitos interinos debido a que entre 1994 e o ano 2018 unicamente se celebrou un proceso selectivo no 2005 e ante as esixencias das competencias desta escala motivada pola normativa comunitaria, se tivo que incrementar notablemente os cadros de persoal, o que ten motivado un elevado porcentaxe de persoal interino que non tivo verdadeiras oportunidades de aspirar a unha praza, a pesar dos procesos celebrados dende o ano 2018.
No relativo ás escalas de Finanzas, Función Pública manifesta que conservarán para o actual proceso selectivo os exercicios que no anterior proceso selectivo aprobaran os opositores que se presenten agora.
Respecto a outras cuestións como os prazos para a celebración do primeiro exercicio respecto da convocatoria, prazo para o segundo exercicio e tipo de probas que configuran os exercicios así coma sistema de corrección, o noso plantexamento foi o seguinte:
Prazo para o primeiro exercicio: o prazo debe ter consonancia co tipo de proceso, grupo e temario que se esixe aos opositores pois debe darse suficiente tempo para preparalo; consideramos que polo xeral para un proceso para o grupo A se debería contar alomenos con 12 meses. Tamén é certo, como argumentou outra organización sindical que también se debería topar a data máxima para a celebración, de xeito que non se prolonguen indefinidamente.
Prazo entre un e outro exercicio: consideramos que o establecemento de un prazo mínimo de dous días ou 48 horas entre exercicios é insuficiente. É certo que raramente se produce esta situación, pero por seguridade consideramos que se debería repetir en tódolos procesos selectivos o prazo indicado nao último proceso do Corpo Superior A1 establecendo un mínimo de 7 días e un máximo de 60.
Probas dos exercicios: a realización de un desenvolvemento de temas por escrito, ven a confrontar coa metodoloxía didáctica educativa que, para ben ou para mal, se ven establecendo nas últimas décadas, xerando bastantes protestas entre os opositores. A proposta de SEPGA avoga por establecer un primeiro exercicio tipo test, de carácter teórico, e un segundo exercicio, de tipo práctico, separado polo tanto do primeiro como diferencia cos borradores propostos. Para non valorar exclusivamente a capacidade do aspirante mediante un test, cuestión que para Función Pública non é suficiente, SEPGA propuso na reunión preparatoria un sistema de casos prácticos con preguntas cortas e espazo de resposta taxado que serva para indicar a preparación ante supostos de traballo básicos que deberá abordar o funcionario.
En todo caso, de manter algún tipo de proba escrita SEPGA considera que debe incluirse nas bases das convocatorias, para que os tribunais deban cinguirse polo tanto a esta cuestión, que se deberá realizar lectura pública polos opositores dos temas, e así conseguir a máxima transparencia e que o aspirante sexa evaluado pola totalidade do tribunal, que recordemos, trátase dun órgano colexiado polo que todos os seus membros deben evaluar a cada opositor.
Programa dos temarios: a pesar que se indicaba dende Función Pública que se atopaban satisfeitos cos temarios dos distintos procesos, dende SEPGA se lle indicou algún temario que se atopaba desactualizado e incompleto, polo que se debería revisar nuevamente polas consellerías correspondentes, cuestión da que tomaron nota. SEPGA plantexou na reunión previa que nos procesos selectivos, se debería contar cun temario troncal ou orientativo con antelación respecto da convocatoria para así facilitar a preparación dos opositores e lograr unha maior eficacia e orientación hacia o mérito e capacidade. Os temarios deben ser proporcionados e axeitados, en canto a que son procesos de selección polo mérito e capacidade e non un temario para saber calquera actividade por pequeña que sexa que se desenvolva nas unidades nas que realizan tarefas unha escala ou corpo.
Outras cuestións:
Nas escalas de finanzas opinamos que o periodo de prácticas non debe ser un periodo que se debe superar con aproveitamento durante o que recibirán una remuneración como persoal en prácticas pois moitas veces fan un traballo real que atende as tarefas pendentes. Os aspirantes xa superaron un proceso selectivo; certamente o periodo de prácticas é moi adecuado, incluso se debería extender a todos aqueles corpos e escalas posibles nas diversas consellerías, pero debe ser un curso de formación (no que se podería obter unha puntuación que contase para o concurso) e se debe remunerar ao persoal como un funcionario, xa que de feito as veces hai persoal interino que segue facendo o mesmo durante o curso e ademáis ve reducido o seu salario.
ROGOS E PREGUNTAS
Neste apartado as cuestións tratadas foron:
Concursos de traslados
Cando se resolvan as RPT de funcionarización, a intención de FP e realizar o tan ansiado concurso de traslados de administración especial. Non obstante non sería de todas as escalas pero enxeñerías, bioloxía, química, “e alguna outra, aínda que non se pronunica sobre se a escala de veterinaria entraría nesta primeira tanda.
Ademáis anuncia a pretensión de realizar concurso da administración xeral no relativo a corpos xerais (A1, A2, C1, C2 e Agrupación Profesional,pero non a consumo, finanzas, informática) cuestión que se podería negocias a principios de febreiro.
Acreditación de méritos
Nas últimas semanas do mes de xaneiro se publicará a resolución para acreditar os méritos dos procesos selectivos por concurso da Lei 20/2021, dos subgrupos A1 e A2. Non obstante para poder presentar ditos méritos se deberá esperar a que se poña en funcionamento aberto Fides e débese ter en conta que en calquera caso, antes de que se aborde cada proceso en concreto se dará prazo tamén para actualizar os méritos, sendo ese momento o que verdadeiramente servirá para a valoración
Eleccións de destino
A mediados desta semana publicarase a elección de destino definitivo de finanzas (A1 e A2) así como a apertura do o prazo para elección de destino para dalgunhas escalas como enxeñería técnica industrial Tamén publicarase a actualización das listas das escalas de Medicina, Enfermería e Auxiliar de Enfermería que fará que sexan posibles chamamentos para as prazas novas que se crean na recente RPT de Política Social. Respecto do resto de actualizacións de listas se espera que saian aproximadamente a finais de xaneiro.