Cargando...

Novas Mais Novas

PLAN DE FORMACION EGAP 2025

25/09/2024

foto  PLAN DE FORMACION EGAP 2025

SEPGA recibiu unha comunicación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na que nos traslada que podemos enviar suxerencias para accións formativas do ano 2025.

Dende SEPGA somos conscientes das alegacións e demandas que nos achegachedes con motivo dos borradores para a convocatoria de concursos, sobre todo nas referidas ás escalas dos corpos especiais.

Por este motivo, solicitamos aos asociados que nos enviedes aquelas propostas e cuestións do máximo interese, xa sexan para unha determinada escala, como para temas máis amplos que afecten a varios corpos.

Neste senso se consideran tanto iniciativas individuais, como tamén aquelas que fagades chegar mediante algunha das asociacións profesionais as que poidades pertencer, dado que desta forma, enténdese que se teñen considerado nun ámbito colectivo cunha maior perspectiva e consenso, e polo tanto serían prioritarias.

Para esto, achegamos o documento que nos facilita a EGAP no que se propón as liñas básicas da acción formativa que se pretenda.

Podedes enviarnos as propostas ao longo deste mes de setembro, á dirección sindicato-sepga@xunta.gal, para o seu estudo e poder envialas á EGAP, coa que tamén é posible que nos reunamos.

Agradecendo como sempre o voso interese e iniciativa, recibide un saúdo dende SEPGA.