18/12/2024
O pasado 13 de decembro celebrouse a Mesa Sectorial de Funcionarios cunha orde do día que abordaba as seguintes cuestións:
Proxecto de decreto polo que se aproba a oferta de emprego público (OPE) 2024 do persoal sanitario incluido na lei 17/1989.
Neste asunto previamente se tivera unha reunión coa vicesecretaría xeral técnica da consellería de Sanidade, que presenta unha oferta de 15 prazas derivadas de 14 xubilacións y 1 praza máis pola aplicación de tasa de reposición do 110% que permite a lexislación para este tipo de prazas, conforme ao indicado no artigo 20.Dous.a) da Lei 31/2022, do 23 de decembro, para sectores non prioritarios. Tamén inclúe, por primeira vez, a posibilide de cubrir prazas adicionais nas convocatorias que se diten na súa execución, coa inalidade de reducir a temporalidade e consonte o previsto na disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2015.
Aínda tendo en conta o escaso tempo co que se achegou a documentación correspondente a esta OPE, na reunión previa coa vicesecretaría xeral de Sanidade se indicaron máis datos e aclaracións.
A oferta indica 5 plazas de inspección médica, 4 de ATS/DUE, 4 de licenciados/as en farmacia e 2 licenciados/as en psicoloxía.
SEPGA formula observacións relativas a que a información total da OPE debería recollerse por escrito, aínda tendo en conta o esforzo por trasladar o que non puido reflectirse no documento, por outra banda seria necesario máis información relativa a motivación dos postos que se ofertan e a súa localización no momento da xubilación dos empregados públicos que teñen que ser reemprazados.
Finalmente, chámanos a atención que, a pesar da dificultade que existe actualmente tanto en España como en Galicia, para cubrir determinados postos como médicos, ATS etc, para estes postos da lei 17/1989 se asignen unhas retribucións que configura uns postos pouco atractivos, non xa para posibles opositores senón para calquera persoa que teña a titulación requerida e saia ao mercado de traballo. Esta situación é a mesma que ocasiona lamentablemente que teñamos médicos que tras formarse no noso sistema público, se trasladen á outros países para desenvolver a súa profesión. Por todo esto reclamamos para estos profesionais sanitarios unha maior atención e compensación.
Proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.
Tras moitos anos de espera se presenta unha primeira proposta de RPT para un total de 1804 postos que pasarían de persoal laboral a persoal funcionario; ademais se crean 6 postos de directores de residencia e 12 postos de coordinadores. A documentación foi enviada con moi pouca antelación e realmente desta forma é prácticamente imposible realizar unha análise seria da cuestión, máis aínda ao considerar que SEPGA non accede a reunións respecto ao persoal desta organización e que SEPGA non estaba representada cando a administración e catro organizacións sindicais asinaron no ano 2017 un acordo para realizar unha RPT do Consorcio.
En calquera caso, tras formular a nosa queixa polo escaso tempo dadas as circunstancias, así como que afecta a persoas que xa están traballando nos postos dos que se discute a RPT, polo que afecta a moitos empregados públicos e tamén en consecuencia á cidadanía, sobre todo á infancia, persoas maiores e persoas con discapacidade indicamos que:
Existen dúbidas sobre as retirbucións coas que contarán as persoas que pasen a persoal de RPT, aínda que por parte da directora de empregopúblico se indica que se garanten as retribucións en tódolos casos e aínda se chegan a incrementar, polo que alegamos que se debe estudar esta cuestión e igualar sempre cos niveis que existen na Xunta, aínda que tampouco é que garantan unha remuneración aos empregados públicos como as que establecen outras comunidades autónomas.
Expresamos que as Libres Designacións entre o persoal débense reducir ao mínimo imprescindible, máis cando en moitas ocasións estamos a falar de niveis 25; en calquera caso se fora preciso ou pertinente abordar unha asignación de postos máis complexa que o concurso ordinario, se pode orientar a un concurso específico (que esperemos que non durase décadas...)
Finalmente solicitamos que se aclaren criterios e responsabilidades respecto a funcións de dirección que en ocasións deben asumir postos que non deberían exercelas e en todo caso que se considere esta cuestión respecto aos niveis e retribucións.
Por todo o anteriormente exposto indicamos que parece necesario retomar este tema comezando cunha axeitada negociación previa, xa que co retraso acumulado dende o ano 2017, pretender resolvelo apresuradamente pode ser negativo para o persoal do Consorcio e para a cidadanía.
Proposta de modificación da RPT polo proceso de funcionarización de persoal labora clasificado no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial (subgrupo C1) e de auxiliares de carácter técnico de admnistración especial (subgrupo C2).
Afecta a un total de 263 postos nos que se asumirán tres modalidades de niveis en cada un dos corpos (niveis 14, 16 e 20 no C1 e 12, 14 e 18 no C2), contemplándose ademais complementos anuais por dedicación extraordinaria e por especial dedicación.
Polo que se refire a este tema, parece que poden darse dificultades para o cobro de complementos nos casos de Incapacidade Temporal ou outras situacións de percibirse como complemento específico diferencial. A posición de SEPGA é que se artelle unha fórmula que permita,m como é lóxic,o percibir os complementos nestas situacións. Tamén advertimos que existen outros colectivos con complementos por actuacións extraordinarias, gardas, dedicación que os perciben por un complemento diferencial; así a solución que se tome se debería extender a todos eses colectivos, para ter os mesmos dereitos.
Rolda de rogos e preguntas
Neste turno, SEPGA foi a única organización sindical que realizou preguntas, relativas ao concurso específico, estado dos concursos xa convocados e dos concursos que aínda restan por convocar e a incidencia provocada por sentencias xudiciais relativas a destinos provisionais, previsión de convocatoria para a negociación do grado III da carrera profesional extraordinaria e tamén pola convocatoria da carrera profesional ordinaria.
Ante todo iniciamos a nosa intervención reclamando que se estableza un marco de negociación entre organizacións sindicais e administración que indique obrigas, como pode ser a antelación mínima para dispoñer da información relevante para os empregados públicos, xa que é habitual enviar esta cunha antelación de 24-48 horas naturais como máximo, nin sequera contando días hábiles. Tamén se debe enmarcar nun entorno de transparencia para que tódolos empregados públicos teñan acceso á información básica que lles afecta. Igualmente parece imprescindible a posta en marcha dunha comisión permanente de selección que permita ademais recuperar un ritmo de concursos e oposicións que non sexa o das últimas décadas nos que hai corpos e escalas que en 30 anos levan un só concurso e que tamén tiveron o último fai máis de 10-12 anos.
Concurso Específico
Solicitamos información acerca do estado do mesmo, xa que considerando que xa figura na lei de emprego público de Galicia do ano 2015, xa é tempo de poñerse en marcha. Hai moitas persoas traballando en postos catalogados de concurso específico, en comisión de servizos, que se atopan á espera de que por fin as consellerías e Emprego Público da Consellería de Facenda e Administración Pública se coordinen e marquen criterios e métodos para que se leve a cabo. Cremos nunha administración eficiente e ao servizo dos cidadáns e do interese xeral, pero de igual xeito é esixible e un dereito unha función pública axeitada e que non traballe con tempos tan dilatados.
A este respecto a directora xeral indica brevemente que se está traballando entre as consellerías e Emprego Público para proximamente (¿2025) avanzar neste senso. Sen que sexa unha boa nova, parece qué é un pouquiño mellor que o que levamos escoitando nos últimos dous anos nas mesas e nas negociacións coas consellerías.
Concursos ordinarios
Manifestamos a nosa preocupación polo parón dos concursos xa convocados (non hai lista de admitidos e excluídos) e pola falla de convocatoria en varias escalas; é unha situación desesperante con persoas que levan máis de 10 anos esperando a mellora do posto (ubicación, nivel, tipo de traballo) que non reciben a atención necesaria. A isto súmase a inquedanza por recentes sentenzas xudiciais respecto dos destinos provisionais que parecen prexudicar aos xa funcionarios de carreira con destino fixo e que poideran provocar unha situación lamentable. Por iso requerimos información e instamos ao desbloqueo dos concursos xa publicados e á convocatoria dos que fallan.
A directora contesta que no ano 2025, unha vez rematada a estabilización da lei 20/2021, se abordarán y se resolverán tódolos concursos tanto os convocados como os pendentes, pero non indica máis información.
Carrera Profesional
No ano 2025 comeza o Grao III do sistema extraordinario da carreira administrativa/profesional polo que no segundo semestre deste ano se ten que negociar as condicións e o acceso. Dadas as datas nas que nos atopamos, é preocupante que non se teña convocado ás organizacións sindicais para a negociación deste acordo. Dende SEPGA, polo interese dos nosos afiliados por este tema, sobre todo tendo en conta os antecedentes do anterior acordo (Orde de 15 de enero de 2019 pola que se publica o Acuerdo de concertación del empleo público de Galicia.), solicitamos información sobre o dito grao III e tamén do sistema ordinario.
A directora indica que a negociación do Grao III vaise iniciar en 2024 (a 18 de decembro aínda non se convocou) e os efectos económicos serán dende o 1 de xaneiro de 2025.