Cargando...

Novas Mais Novas

MESA FUNCIONARIOS. MODIFICACIÓN RPT POLÍTICA SOCIAL

31/03/2025

foto  MESA FUNCIONARIOS. MODIFICACIÓN RPT POLÍTICA SOCIAL

A pasada semán celebrouse a Mesa de Funcionarios na que se tratou unha modificación da RPT da consellería de Política Social que xa se tratara fai meses nunha reunión coa propia consellería.

Por parte de SEPGA se realizaron as seguintes alegacións:

Alegacións de carácter xeral.

Sería necesario e preciso abordar una revisión global da RPT dunha consellería con tantas necesidades e que ten tanto impacto na vida de moitos cidadáns para fixar un modelo que responda tanto ás necesidades da sociedade como tamén dos empregados públicos e das posibilidades financeiras.


Deberían abordarse cuestións como que postos que realizan os mesmos traballos e funcións teñan diferentes niveis dependendo da súa localización xeográfica (administradores de centros de atención á discapacidade), ou que hai postos que realizan funcións de superior responsabilidade e nivel que o que teñen asignado e porén non se lles compensa nas súas retribucións (auxiliares de cociña) e moitos casos de diferencias entre postos ou infravaloración dos mesmos (traballadores sociais).

En canto aos temas concretos da modificación proposta alegamos:

1.- Respecto dos postos de secretario/a no gabinete do conselleiro/a e secretario/a da D.X. de loita contra a violencia de xénero, que se configuran como de Libre designación e de adscrición indistinta a funcionarios da Xunta, Estado e outras CC.AA e Administración local, solicitamos que se restrinxa a adscrición a funcionarios da Xunta en exclusiva. A tendencia a abrir postos a outras administracións coas que nin sequera existe reciprocidade neste tipo de cuestións, xunto co convencemento de que entre os empregados da Xunta hai material humano preparado e suficiente para dotar este tipo de postos, fai que rexeitemos estas cuestións, non unicamente nesta RPT senón en calquera que as recolla

En consecuencia proponse que ditas prazas sexan de adscrición a funcionarios da Xunta de Galicia exclusivamente.

2.- En canto aos postos de médicos, educadores sociais (e incluso enfermeiras, aínda que non sexan citadas nesta RPT), chámanos a atención o nivel de complemento tan escaso que teñen estes traballadores de elevado nivel formativo, responsabilidade e que teñen tanto impacto nas persoas atendidas.

Así, niveis 24 para os médicos, niveis 20 para os educadores, que ademais en moitas ocasións atópanse encadrados en traballo a quendas, horarios especiais, nocturnidade ou realizan todo tipo de funcións respecto dos menores, como é o caso dos educadores, parécennos insuficientes e trasladan unha impresión de pouca valoración para estes profesionais.
Entendemos que tamén debería crearse un acordo para este tipo de profesionais e escalas que moitas veces teñen circunstancias distintas incluso dentro da súa propia escala, para recoñecer as tarefas que realizan máis alá das obrigas dun empregado público ao uso.

Se solicita que se reconsidere a situación non xa destes empregados públicos senón un replantexamento dos postos e dos acordos para condicións especiais de traballo das escalas técnicas que realizan o traballo finalista desta consellería para o coidado das persoas que precisan da intervención da administración competente.

3.-Respecto dun posto PSC99100036560410 no Departamento Territorial de Vigo, no que se propón incluír como mérito a licenciatura en dereito, se observa que as súas funcións son informes a demandas, responsabilidade patrimonial, tramitación de expedientes sancionadores, expedientes disciplinario, informes a recursos. Non é de recibo e que tendo en conta as tarefas e responsabilidades, se trate dun posto base do grupo A1.
Polo tanto se solicita que nesta praza se incremento o nivel.