Cargando...

Novas Mais Novas

MESA DE FUNCIONARIOS 11/04/25

21/04/2025

foto  MESA DE FUNCIONARIOS 11/04/25

Na Mesa de Funcionarios tratáronse as cuestións relativas a dous concursos, en canto aos borradores de resolución para a convocatoria así como das caixas de postos.

A Directora Xeral de Emprego Público informou antes das alegacións das organizacións sindicais indicou as seguintes cuestións:

Escalas de Arqueólogos, Restauración, Delineantes, Arquivos, Bibliotecas e Museos.

Respecto dos 171 postos, retíranse 14 postoselativos á escala de expertos lingüistas debido a unha modificación da RPT de Agacal, ademáis de 3 postos da escala superior de restauración, debido a que non hai persoal de dita escala en destino definitivo.

Delineantes: as consellerías retiran algunha praza debido á amortización. Dado que en ocasións logo estas prazas non se amortizan o que supón unha posible irregularidade se fará un seguimento dos memsos para ver o que finalmente ocorrre.

Escalas de Axentes de Extensión Pesqueira e profesores e mestres de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Respecto dos 75 postos inicialmente ofertados, se retiran 3 postos por petición da consellería do Mar polo que finalmente se ofertarán 72 postos para o concurso.

Noutro orde de cousas nas caixas de postos engadironse algúns postos vacantes novos dende o anterior borrador de prazas.

Outras cuestións relativas ao grao consolidado que debido aos problemas técnicos que supón respecto da aplicación informática, deberá solicitarse por cada un dos interesados, para aportalo cando deban acreditar ese mérito. 

Se engade un novo baremo de puntuación polo grupo de pertenza debido a que hai distintos grupos que poden optar aos mesmos postos, así como a esixencia de presentar documentación de certificación de ausencia de delitos penais por violencia sexual ou trata de persoas para os postos vinculados con menores.

 

SEPGA reiterou as habituais alegacións aos concursos das escalas no relativo á Formación solicitando que se puntúen os cursos impartidos por administracións estatais (ministerios e organismos delegados) e que se valoren os cursos de idiomas de Escolas Oficiais, a escasa puntuación que se concede por dotorados, outras titulacións académicas en comparación con outras cuestións, pensamos que a antiguidade debe ser valorada por riba dos anos que se marcan como tope no correspondente punto (son 7,5 puntos de puntuación máxima o que significa que de sobrepasar os 31 anos e 4 meses de antiguidade é indiferente os anos a maiores), solicitamos que sempre se oferten tódalas prazas,

Tamén discrepamos novamente sobre a cuestión de que a escalas técnicas como por exemplo arqueólogos se lles esixa o carnet de conducir como requisito imprescindible.

Dende fai anos, a Xunta de Galicia intenta imponer de xeito sibilino a persoal funcionario que ten unas tarefas e responsabilidades concretas o feito de que teña que asumir tarefas de conducción que non foron esixidas no acceso á función pública na correspondente escala, para así ahorrarse unha compensación a persoas que arriscan o seu carnet (puntos, multas etc) e a súa seguridade para realizar funcións que para outros empregados públicos ou ben se atopan remuneradas ou ben dispoñen de conductores de vehículos. Ademáis que ocorre se unha persoa con este requisito, tras obter un posto, resulta que por calquera circunstancia non pode conducir...¿qué situación xurídica se produce se ten algunha dolencia ou retirada de puntos que lle impedise conducir? ¿Acaso un inspector ou técnico da administración debe ter como formación a conducción de vehículos? Todo parecen excusas para non incluir esta cuestión nun acordo de condicións de traballo que contemple unha remuneración por conducción de vehículos oficiais como ocorre noutros sectores da administración.