Cargando...

Novas Mais Novas

MESA SECTORIAL FUNCIONARIOS 13-10-25

15/10/2025

foto  MESA SECTORIAL FUNCIONARIOS 13-10-25

Abordaronse as resolucións para as convocatorias de promoción interna dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

O borrador relativo ao subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX) se tratará máis adiante.

Respecto das propostas iniciais, os únicos cambios introducidos por Emprego Público foron a redución do número de preguntas do primeiro exercicio para A1 e A2 a 140 e 120 preguntas respectivamente xa que inicialmente se establecía o mesmo número de preguntas que para os procesos selectivos; porén o número de preguntas continua sendo superior ás establecidas na anterior convocatoria de promoción interna.

SEPGA entende que a promoción interna debe ser estimulada e favorecida pola administración como xeito de premiar o esforzo e iniciativa daqueles empregados públicos que desexen realizar unha carreira administrativa para acadar postos e tarefas dun grupo superior ao que pertenzan. Neste senso, entendemos que se debe evolucionar a outro modelo de promoción interna que non sexa o establecido ata agora e que practicamente imita os procesos selectivos de oposicións para o ingreso na administración. Non obstante, á espera de que se propoña e negocie un novo modelo realizamos unhas alegacións co obxecto de mellorar a proposta de Emprego Público.

Podedes acceder ao documento anexo para coñecer tódalas alegacións realizadas.