Novas Mais Novas
06/07/2026
O venres 03/07/2026 a Directora Xeral de Emprego Público realiza unha convocatoria para informarnos ás organizacións sindicais representativas do persoal funcionario sobre os autos de extensión de efectos de sentencias de destino provisional e as súas consecuencias
A data resulta cando menos casual, xa que dita convocatoria a realiza xusto no día que remata o prazo de solicitude de elección de destino de Corpos Xerais e despois de desconvocar unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario para esa mesma semana.
O SEPGA levaba reiterando a petición dunha reunión con carácter urxente xa dende o 23/06/2026 entre a Consellería de Facenda e Administración Pública- Dirección Xeral de Emprego Público e as organizacións sindicais representativas do persoal funcionario debido á grave problemática das novas sentenzas por destinos provisionais que se están a ditar polo TXSG e as consecuencias sobre o persoal que obtivo un destino definitivo por concurso que agora vese afectado polas ditas sentenzas.
Con estes antecedentes por un mero sentido de responsabilidade sindical e polo compromiso coa defensa dos lexítimos intereses dos traballadores/as afectados o SEPGA acude a dita xuntanza.
Esta grave problemática incrementouse debido a dúas situacións.
En primeiro lugar, ás chamadas telefónicas que recibiron ao logo dos derradeiros días as persoas que no concurso obtiveron a praza definitiva e agora se ven afectadas polas sentenzas que dita dirección Xeral ten que executar. As ditas chamadas indicaban que deben escoller outra praza que figura nun buzón ao que se lles da acceso mediante un correo electrónico que reciben tras a dita chamada.
Así mesmo, esta Organización sindical recibiu numerosas consultas; por unhas comunicacións (notificadas oficialmente), nas que non citan ningunha normativa, asinadas pola Directora Xeral de Emprego Público, nas que se lles advirte que ao existir esta problemática deberán optar por elixir ente manter a vía xurisdicional e as súas pretensións ou renunciar a estas se queren ser chamadas ao acto de elección de destino e que se lles faciliten as credencias para realizar a solicitude telemática.
Comunicacións ás persoas que reclaman por vía xurisdicional que o destino provisional se recoñeza como definitivo segundo a normativa básica de Función Pública e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional.
A estas persoas se lles advirte que “non serán chamadas a este acto de elección as persoas aspirantes que ocupan un destino definitivo en execución dun auto xudicial, as persoas aspirantes que optaron por seguir mantendo a súa pretensión xudicial para a obtención dun destino definitivo e as que non manifestaron a súa opción.”
Esta situación exposta na dita comunicación supón unha grave inseguridade xurídica para as persoas afectadas que tiñan un destino definitivo obtido por concurso e unhas graves consecuencias para as persoas afectadas que sen ter aínda un auto definitivo do TSXG, non foron convocadas a este chamamento como xa lles advertiu dita Directora Xeral de Emprego Público.
Ademais se lles advirte que no caso de que non indicasen ningunha opción, Emprego Publico consideraba que o que prevalecía era continuar con a súa pretensión de extensión de efectos.
Esta situación, ao marxe de calquera procedemento administrativo de provisión de postos de traballo e que non ven regulada en ningunha normativa pon en risco a totalidade dos concursos debido a posibles recursos contenciosos que podan interpoñer as persoas afectadas por estas circunstancias. Nese caso, as consecuencias das impugnacións e unha hipotética anulación xudicial dos concursos, afectarán ao persoal funcionario que participa nos concursos ordinarios e tamén ao persoal que a continuación ten que optar a unha praza por participar en procesos de promoción interna, procesos selectivos e procesos de estabilización.
Na pasada mesa sectorial de funcionarios, o SEPGA formulou unha pregunta á Directora Xeral sobre as medidas que se prevía establecer respecto das novas sentenzas por destino provisional e as consecuencias sobre as persoas que obtiveran praza definitiva nos concursos ordinarios, como por exemplo o caso das escalas de enxeñería e ciencias, e preguntamos tamén respecto a situación das persoas que están a ser contactadas telefonicamente.
A resposta que recibimos foi que se enviaban comunicacións a persoas implicadas nos concursos de administración xeral, escalas sociais e escala veterinaria co fin de poder continuar co desenvolvemento destes concursos con seguridade xurídica pero que non se estaban enviando comunicacións as persoas que tomaron posesión do posto, pero o feito es que as persoas que xa obtiveron destino definitivo foron contactadas telefonicamente con carácter insistente e reiterado instándoas a optar por renunciar á vía xurisdiccional os por solicitar destino. Ninguén ten por que ser chamado telefonicamente pola Dirección Xeral de Emprego Público, nin ten que recibir unha comunicación por escrito con prazo perentorio de 5 días na mesma liña: que se opten por elixir destino definitivo ou agardar á súa sentencia. e menos con procedementos que están ao marxe de calquera lei ou norma.
Pois ben, no DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 publicouse a Resolución do 19 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e na agrupación profesional de persoal funcionario , onde se dispón que “Así mesmo, non serán chamadas a este acto de elección as persoas aspirantes que optaron por seguir mantendo a súa pretensión xudicial para a obtención dun destino definitivo e as que non manifestaron a súa opción”.
As persoas indicadas na devandita resolución poden manter a súa pretensión xurisdiccional (que poderá ser estimatoria ou desestimatoria) e de igual xeito, acudir a este chamamento para a elección de posto, aínda máis, deben de acudir a ese chamamento sen resultar penalizadas, nin avisadas por Emprego Público de que se non aceptan o que lles propoñen telefonicamente ou por escrito, o resultado será que se lles adxudicará un posto de oficio.
O SEPGA leva dende hai meses solicitando por escrito á Dirección Xeral de Emprego Público os datos concretos do número de persoas afectadas, referencias dos procedementos e acceso aos expedientes tanto das sentenzas polos destinos provisionais; como dos Autos de extensión de efectos con indicación de cales foran recorridos ou non pola Xunta de Galicia. A resposta para esta Organización sindical foi o silencio.
Sorprendentemente, na xuntanza informativa, a Dirección Xeral aporta ese datos dos que sempre tivo constancia, coincidindo co día de peche de solicitude de elección de destino definitivo no concurso dos corpos xerais. Segundo os ditos datos hai 15 postos deste concurso afectados por extensións de sentencia, 41 postos de Escalas Sociais afectados tamén por extensións de sentencia , etc; en total se indican 71 postos afectados).
A Directora quere facer ver que, en realidade o seu obxectivo con estas accións era que ditas comunicacións as fixeron para “non paralizar os concursos, así como a elección de destino de persoas que superaron procesos do ano 2023, 2024, procesos de estabilización , etc”
O SEPGA indicoulle á Directora Xeral de Emprego que segundo lle consta documentalmente ao seu Centro Directivo, no caso das comunicacións efectuadas ás persoas con pretensións xurisdicionais, o propio TSXG sinalou que ditas comunicacións non eran tal, senón que tiñan carácter resolutorio e que poderían ser recorridas; extremos que se omiten pola Dirección Xeral toda vez que nin indican o seu verdadeiro carácter de Resolución e omiten o pé de recurso, polo que se atopan ao marxe de procedemento algún e poderían ser obxecto de novos procedementos xudiciais solicitando a súa nulidade.
O SEPGA solicitou reiteradamente de xeito verbal nas mesas Sectoriais de Funcionarios e por escrito á Dirección Xeral de Emprego Público que entregue un informe da Asesoría Xurídica que avale ditas comunicacións. Dito informe nunca foi entregado, nin tampouco se resposta a nos pregunta ata esta reunión na que verbalmente manifesta que ten un informe de Asesoría Xurídica Xeral; polo que o SEPGA unha vez máis reclamou que o entregase a tódalas organizacións sindicais para que así puidésemos verificar que para a Asesoría Xurídica Xeral as accións (xa que non podemos chamalos procedementos) que desenvolve dita Dirección Xeral se axustan á legalidade, o que sen dúbida redundará na seguridade xurídica dos funcionarios afectados.
A situación actual e feito de que tódalas persoas que acudiron á vía xurisdicional non teñan a súa sentenza na mán ou o seu Auto de extensión de efectos, convén lembrar que nunca foi culpa dos afectados, senón que a Xunta de Galicia decidiu recorrer en casación perante o Tribunal Supremo, sendo desestimatorio o fallo para a Xunta de Galicia. Ata que dita situación non se solventou, o TSXG non seguei resolvendo os recursos.
Ademais, a directora informou que neste mes de xullo teñen que realizar unha modificación do concurso xeral para que tódalas persoas afectadas poidan tomar posesión no mes de setembro.
Persoal funcionario que recibiron chamadas telefónicas ao logo dos derradeiros días as persoas que no concurso obtiveron a praza definitiva e agora se ven afectadas polas sentenzas que dita dirección Xeral ten que executar.
A Directora nesta reunión informou que a semana pasada, o 25.06.2026, remitiu uns tramites de audiencia ás persoas afectadas que tiñan un posto asignado no concurso e que tomaron posesión do mesmo fai meses (concurso de enxeñerías e ciencias) pero que agora se ven afectadas por unha sentenza relativa, a efectos de que aleguen ou acheguen a documentación que estimes oportuno ( dende o SEPGA se lle manifestou que descoñecemos que documentos pode ou ten que achegar unha persoa que ten un destino definitivo e atópase cun tramite deste tipo remitido pola DX de Emprego ao marxe insistimos de calquera procedemento.
Manifesta que nestes supostos ofertaráselles un posto de “similares características: o mesmo nivel, a mesma localidade e as mesmas retribucións” e que “intentarase chegar a un acordo caso por caso”. Así mesmo, a medida que a DX de Emprego reciba ó longo do mes de xullo os Autos de extensión de efectos que faltan, tamén os irán executando (como non podía ser doutra forma ) facendo os retoques que sexan oportunos para o seu cumprimento...
Reiterámoslle de novo a nosa perplexidade ante estas actuacións que non están reguladas en ningunha norma e da que descoñecese como vanse a documentar, como vanse a avalar xuridicamente ou a consecuencias para as persoas que non acepten ditas condicións e o acordo que lles vai a ofrecer a DX de Emprego.... ( individual? Colectivamente??, non está claro).
Para o SEPGA tan importante e respectable é o funcionario que acudiu a un recurso contencioso, extensión de efectos de sentencias, etc ; como o funcionario con destino definitivo obtido por concurso que accedeu ao seu posto con tódalas garantías e que agora se removen do seu posto cun tramite de audiencia e un acordo...
O importante é o cumprimento da legalidade en tódolos casos e actuar conforme a procedemento garantindo seguridade xurídica para todos os colectivos que elixiron destino, e o SEPGA permanecerá vixiante nese compromiso ofrecendo o seu asesoramento ás persoas afectadas.
Prexuízos para os funcionarios de carreira que tiveron o teñen en trámite un concurso ordinario afectado polas cuestións de sentenzas ou Autos de sentenza derivados das reclamacións por destinos provisionais.
A maiores de todas estas circunstancias o SEPGA recorda que no concurso de escalas sociais e de escala veterinaria, así como noutros con menor número de persoas implicadas, numerosas prazas, moitas delas de niveis ou localizacións interesantes, foron retiradas do buzón inicial de postos reflectido na convocatoria de concurso ordinario publicada no DOG debido ás sentenzas que foron chegando (e que sen dúbida continuarán chegando no futuro, producindo de novo outra situación semellante a que agora se produce coas persoas que obtiveron praza no concurso ordinario de enxeñería e ciencias).
Esta situación xa provoca que se retiren das prazas ofertadas 41 postos nas escalas sociais e 25 postos na escala veterinaria, e posiblemente aínda serán máis, restrinxido a oferta de postos a funcionarios que levan 15 anos sen un simple concurso ordinario. Neste senso, o SEPGA reclama solucións para estes afectados, xa que é finalmente a administración a responsable de asignar destinos provisionais ás persoas que superaban os procesos selectivos, cando dita figura non se contempla na normativa básica de función pública e non as persoas que agora se ven prexudicadas ao restrinxirlles os destinos nos concursos, nin tampouco son responsables as persoas que entenden en defensa dos seus intereses que deben optar pola vía xurisdiccional.
Porén, non debemos esquecer que esta situación se debe a que durante décadas, os protagonistas da escena da Función Pública non foron quen de convocar concursos simultáneos cos procesos selectivos nin se esixiu á administración que convocara concursos, sobre todo nas escalas, conformándose con concursos dos corpos xerais cada cinco anos. Desa situación e deixamento(polvos) viñeron logo as consecuencias como as sentenzas que consideran definitivos os destinos provisionais, lei 20/2021 etc. (lodos).
Ao final non é tan complicado, hai que seguir as normas que dende fai moitos anos regulan a Función Pública moderna, xa que se demostraron como o método máis eficaz para caracterizar os principios fundamentais de igualdade, mérito e capacidade, ademais de ofrecer seguridade xurídica. Improvisar, non respectar os períodos máximos indicados para situacións de interinidade ou comisión de servizos, etc. demostrouse como un camiño que finalmente rebentou cunha situación xurídica estraña, prexuízos para os funcionarios de carreira que respectaban escrupulosamente as ditas normas, e que viron truncadas as súas carreiras administrativas.
A solución debe pasar por un pacto para crear prazas semellantes ou duplicadas e celebrar o antes posible un concurso no que se incorporen as prazas vacantes por xubilación que non foron incluídas nos buzóns de postos do último concurso.