Cargando...

Novas Mais Novas

SEGUNDA REUNIÓN CONSELLERÍA DE EMPREGO

23/11/2026

A Consellería presenta a modificación como unha reordenación integral das 53 oficinas de emprego, apoiada nun Plan de ordenación de recursos humanos. As subidas de nivel son evidentes e reais:

  • Os postos base C1 e C2, ata agora nos niveis 12, 14 e 16, convértense en xestores/as de emprego de nivel 18. Son preto de 190 postos, aos que se suman 48 de nova creación.
  • As coordinacións pasan do nivel 20 ao 22.
  • Das 53 direccións, a maioría sobe do nivel 20 ao 25 e 17 do 26 ao 28.
  • O persoal de orientación, uns 130 efectivos, pasa do nivel 18 ao 20.

Porén, o balance de efectivos é negativo. A Consellería amortiza máis postos (162) dos que crea (122), e a perda concéntrase precisamente nas oficinas de emprego: alí desaparecen 123 postos e só se crean 56. O resultado é que os centros de atención directa á cidadanía quedan con 67 postos menos, cando moitos deles xa traballan ao límite e sen cubrir as baixas.

A outra gran novidade é a Oficina de Atracción de Talento. Asumirá as autorizacións de traballo de persoas de terceiros países, transferidas polo Estado con efectos do 1 de marzo de 2027. Terá 50 postos: 15 en servizos centrais e o resto repartidos nas sete grandes cidades.

Na segunda reunión relativa á modificación de RPT a Consellería de Emprego introduciu algúns cambios:

  • Reduciu os postos abertos a outras administracións (A11).
  • Abriu ás dúas escalas de orientación os postos de orientación do COE, do SPEG e de tres departamentos territoriais.
  • Retirou unha amortización á que a persoa afectada non dera a súa conformidade.
  • Engadiu outras tres amortizacións: dous postos de subalterno e un de limpeza.

 

Temas que aínda non parecen resoltos
Coordinacións en todas as oficinas. Anteriormente, desde a consellería indicaron que todas as oficinas terían coordinador. Despois comprobouse que dez oficinas, as máis pequenas, quedan sen ningún. 

Número de coordinadores. O secretario xeral técnico falou de 70 coordinadores, pero a documentación recolle 66 coordinacións que suben de nivel.

Subalternos. A Consellería anunciou a intención de incrementar o número de subalternos. Na segunda versión, en cambio, amortiza dous postos (Viveiro e Celanova) e só crea oito, todos en oficinas grandes.

Postos A11. Anteriormente a apertura de postos a outras administración xustificabase pola necesidade de captar persoal do Estado con experiencia en permisos de traballo. Pero o traspaso estatal foi de só cinco postos vacantes de nivel 14, e inicialmente abríronse a outras administracións arredor de 26 postos.
 

Plan de ordenación. A memoria dá por aprobado o Plan de Ordeación polo Consello da Xunta, sen indicar a data. Na reunión, en cambio, dixéronnos que se tramitaría un acordo xunto coa RPT. Ata hoxe as organizacións sindicais non recibimos o texto, e sen el non é posible valorar a reforma.

A posición do SEPGA segue a manter que valóranse as subidas de nivel e o traballo da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Empregoesforzo por facer un cambio no modelo de Oficinas de Emprego, cambio moi necesario pero hai cuestións que para nós debería mellorarse.

Así seguimos aportando as seguintes propostas:

  • Respecto á LEPG. Toda RPT debe respectar as funcións que a Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, atribúe a cada corpo. Hai coordinacións, secretarías de centros, xefaturas técnicas e postos de técnico de emprendemento abertos indistintamente a corpos administrativos, de xestión e superiores, que teñen funcións moi distintas. As funcións que a memoria atribúe aos xestores de emprego non se corresponden coas que establece a lei. Esta RPT non o fai. Coordinacións, secretarías de centros e xefaturas técnicas aparecen abertas ao mesmo tempo ao corpo administrativo, ao de xestión e aos corpos superiores, que teñen funcións moi diferentes. O mesmo sucede cos postos de técnico de emprendemento. A consecuencia práctica é que nun concurso unha unidade podería quedar ocupada só por persoal A2, sen ninguén que asuma as funcións administrativas.
  • Escalas de orientación. Pedimos que se respecten a escala superior e a escala técnica de orientación e que teñan acceso á coordinación. A Consellería corrixiu parcialmente este punto na segunda versión.
  • Xestores/as de emprego. SEPGA presentou unha serie de alegacións sobre este colectivo. A memoria detalla polo miúdo os seus cometidos, pero estes non se corresponden cos que a lei atribúe aos corpos de xestión.
  • Coordinación. Pedimos que os postos de coordinación teñan máis nivel e estean reservados ás escalas superiores, que haxa coordinación en todas as oficinas e que o persoal de cada oficina se dimensione segundo a súa carga de traballo. Tamén criticamos que a coordinación se centralice en servizos centrais.
  • Postos abertos a outras administracións (A11). Opoñémonos a eles.
  • Amortizacións. Preocúpannos as amortizacións e a perda de persoal con experiencia.
  • Concurso específico. Contamos 108 postos de concurso específico. Preguntamos cando se vai convocar ese concurso e non houbo resposta.
  • Outras peticións:
    • Que cada código de posto indique o código postal da súa localización, dato fundamental para os concursos.
    • Que a sección do SMAC sexa para licenciados/as en dereito.
    • Que haxa unha coordinación de emprendemento A1 no COE

Finalmente informamos que prevese unha terceira reunión, aínda que a posición da Consellería de Emprego éstá bastante consolidada ao respecto do cambio da RPT.

Seguiremos informando.