Cargando...

Novas Mais Novas

MESA DE FUNCIONARIOS 14/02/2025 RPT VIVENDA

19/02/2025

foto  MESA DE FUNCIONARIOS 14/02/2025 RPT VIVENDA

Asuntos tratados na MESA DE FUNCIONARIOS

RPT VIVENDA

1.- Na reunión mantida anteriormente coa consellería de Vivenda solicitaramos una explicación respecto ao cambio no Servizo de Apoio Técnico, na que a súa xefatura pasaba de estar encomendada ás escalas de arquitectos/enxeñeiros a ser Xeral/Especial. Dadas as funcións deste servizo, que ademais parececen claramente indicadas na súa propia denominación, non semella axeitado o cambio e así o manifestamos. A Consellería presentou unha memoria complementaria na que ven a recoñecer esta circunstancia e indica respecto dese servizo que "deixase sen efecto a modificación proposta inicialmente, no relativo ao corpo/escala de adscrición", polo que dende SEPGA recoñecemos e valoramos esta rectificación.

Por outra banda manifestamos o noso desacordo coa eliminación do requisito de titulación en licenciado en deretiro no posto de Subdirección Xeral de Apoio Xurídico e Xestión Económica dadas as características e funcións do posto que parecen adecuarse a un persoal que teña coñecementos o máis completos posibles sobre cuestións xurídicas como así indican as tarefas encomendadas a ese posto.

 

2.- Púxose en evidencia o prexuízo que supoñía/podía supoñer, para as persoas que tiveran concursado, o cambio de adscrición dun posto (IVA100000015770006), ENXEÑEIRO/A EN FUNCIÓNS FACULTATIVAS incluida no correspondente concurso de traslados pendente de resolver, a unha consellería distinta a raíz da modificación da RPT / do decreto de estructrura / do acordo entre as consellerías afectada. Este posto se inclúe actualmente na RPT da  Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e fora ofertada no concurso ordinario de traslados de esta escala nese centro directivo e foi solictado por moitas persoas deste concurso.

En relación ás queixas do persoal por este cambio, o secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras indicou que é normal que poidan producirse este tipo de situacións, dado que a administración é dinámica e debe adaptarse a novas necesidades. Igualmente as persoas representantes da dita consellería dixeron que, en todo caso e independentemente de en que consellería se atope a praza en cuestión, trátase dunha praza na que igualmente se van a desenvolver funcións facultativas. É verdade que as ditas persoas entenden que quen concursou á dita praza tivera outras motivacións para facelo, tales como traballar nun determinado ámbito competencial ou formar parte dun determinado equipo de traballo.

Dende SEPGA solicitamos que dadas as circunstancias, neste caso e praza, cando menos se permita aos solicitantes ou ben renunciar a esta praza no concurso, ao variar as circunstancias de xeito claro e inequívoco ou ben se permita abrir novamente o prazo para presentar outra solicitud de elección de postos. 

3.- O SEPGA oponse así mesmo á apertura de postos de persoal facultativo con competencias en materia de urbanismo á outras administracións, singularmente á Administración Local (A18). Na administración autonómica hai suficiente persoal cualificado nestes temas polo que non ten sentido e, na maioría dos casos non obedece ás necesidades da propia administración senón a outro tipo de cuestións. Na Administración autonómica hai consellerías e organismos (por exemplo, a propia consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras, a Axencia da Protección da Legalidade Urbanística, a Axencia Galega de Infraestructuras, etc. etc.) que contan con persoal cualificado, sen ter que abrir as prazas ao persoal dos concellos ou doutras administracións nas que admais non hai reciprocidade. Ademais, o pretendido beneficio que se busca na experiencia do persoal da Administración Local, pode non ser tal, senón unha fonte de conflitos de intereses, derivados da relación do dito persoal coas persoas que forman parte das estruturas de goberno dos concellos dos que proceden ou doutros, cos que por un ou outro motivo (profesional, etc.) tiveran relación.

 

ROGOS E PREGUNTAS

1.- Novamente se lle expuxo á directora xeral de emprego público e administración de persoal a problemática derivada das sentenzas nas que se determinan a fixeza dun posto asignado con carácter provisional a unha persoa que superara un proceso selectivo na Xunta. Así mesmo, indicóuselle que o SEPGA tiña constancia de que distintas persoas con praza provisional iniciaran accións legais para reclamar que se lles asignara, con carácter definitivo, o dito posto e tamén de que asociacións profesionais de persoal funcionario han iniciado accións legais dado que se consideran prexudicados por esta situación debido a que provocaría que se lle quiten prazas para concursar a funcionarios que levan moitos anos na administración durante os que ademais non tiveron concursos ordinarios durante décadas. É dicir que esta situación, así como o outras problemáticas que perxudican gravemente a movilidade e os dereitos de conciliación do persoal da Administración Autonómica, obedecen á falta de desenvolvemento dos concursos de traslados dunha forma áxil.

Neste senso publicaremos próximamente información e a nosa postura acerca deste tema tan preocupante.

2.- Propuxemos que se convocara ás organizacións sindicais a un proceso de negociación co obxecto de definir o marco de negociación entre a Administración e as organizacións sindicais, máis aló da súa regulación legal, de modo que uns e outros (Administración, OOSS e o persoal da Administración), puideran coñecer dun xeito claro e sinxelo cal é o marco legal desa negociación; como se desenvolve esta; que se negocia no ámbito de cada unha das Mesas de negociación, que é o que vai a comisión de persoal; que documentación se debe facilitar ás OOSS para a negociación, en que prazos, etc. Nese senso indicamos:

Continuamos a constatar como as demais organizacións sindicais dende fai anos, nunha mostra da súa falta de transparencia negocial, continúan a non utilizar nunca o turno libre de rolda de intervencións nas mesas sectoriais de persoal funcionario ordinarias, co obxecto de preguntar ou comentar sobre calquera aspecto que poida afectar ou interesar ao dito persoal, xa que nunha mostra de pouco do talante democrático e negocial, intentan opacar a unha nova organización como o SEPGA que veu romper a tradicional pirámide sindical.

Así, as demáis, OOSS e incluso a propia Administración co seu consentimento de que se traten temas e se realicen preguntas e observacións que atinxen a funcionarios fora da citada mesa, ven a ser unha mostra de oscurantismo, estreitez de miras e mesmo un temor irracional, neste caso, a outras organizacións sindicais e, tamén a CONCULCACIÓN DA BOA FE NEGOCIAL E DA TRANSPARENCIA NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA. SEPGA non pretende tratar temas para os que non conte con lexitimidade, pero non debe consentir que se lle hurten temas e cuestións para as que o persoal funcionario lle otorgou de xeito claro unha importante representatividade nas pasadas eleccións sindicais.

É por todo iso que ademais de solicitar, como xa se indicou, a apertura dun proceso negociador para DEFINIR O MARCO DE NEGOCIACION, dende o SEPGA pedímoslle á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal que:

- Non se substraera da Mesas Sectorial de Persoal Funcionario ningún tema que afectase directamente ou de xeito transversal ao dito persoal. Lamentablemente estamos sufrindo dende a aparición de SEPGA unha situación na que en ocasións non se levan os temas de funcionarios á Mesa correspondente ou nas que algunha consellería ou organismo dependente ignoran a representación sindical propia dos funcionarios, limitandoa ás organizacións tradicionais que teñen presenza na Mesa Xeral e Comisión de Persoal, cuestión que evidentemente non se admite noutras mesas semellantes como a de Educación, SERGAS etc.

- Non permitise que as demais OOSS, singularmente cando a reunión da Mesa Xeral ten lugar inmediatamente despois da Mesa Sectorial, formulasen preguntas sobre cuestións ou propostas que única ou principalmente afectan ao persoal funcionario.

Que se graben as mesas correspondentes ao ámbito do emprego público co fin de que calquera empregado público poda acceder ao tratado en ditas mesas así como que se tramiten con maior rapidez as actas correspondentes ás sesións.

 

3.- Solicitamos á directora xeral de emprego público información sobre a situación dos distintos procesos de estabilización, así como a elaboración dun documento que recolla de xeito sistemático a información detallada sobre os ditos procesos con enlaces aos documentos publicados para cada proceso dende o inicio (núm. de prazas a estabilizar, número de persoas presentadas,...), tanto para a Xunta como para os organismos instrumentais dependentes, coa finalidade de facilitar a todas as persoas interesadas un acceso transparente e sistemático á devandita información.

 

4.- Solicitamos que dende a Consellería de Facenda e Administración Pública se inste a EGAP a retomar os CURSOS DE PERSOAL DIRECTIVO. Consideramos ao fío dos procesos de provisión de postos por Concurso Específico que trátase dun curso fundamental para ditos postos e insistimos na necesidade de establecer concursos permantentes e abertos, así como na imperiosa necesidade de constituír una COMISIÓN PERMANENTE DE SELECCION DE PERSOAL PROFESIONALIZADA.
 

5.- Ampliación de permiso de paternidad, adopción, acollemento de familias monoparentais. Tendo en conta que  sederan instruccións ás xefaturas de persoal para que se recoñezan 10 semanas, que  corresponderían á parella, no caso de nacementos de fillos de parellas, dende o SEPGA, se solicita respecto do dereito das familias monoparentais se estime tamén o tempo de permiso por nacemento que corresponde á parella, de xeito que se regulase/informase con claridade a todo o persoal sobre cales son as condicións nas que as familias mono parentais poden disfrutar do dito tempo de permiso.