Cargando...

Novas Mais Novas

MESA DE FUNCIONARIOS 5/05/25

06/05/2025

foto  MESA DE FUNCIONARIOS 5/05/25

Na Mesa de Funcionarios abordaronse os seguintes temas:

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERIA DE PRESIDENCIA

Presentaronnos unha documentación idéntica á exposta pola Consellería na reunión preparatoria do dezasete de marzo, polo que reiteramos as alegacións e observacións.

Incremento retributivo dos letrados.

Contemplado en la lei de orzamentos, non admite a negociación. Porén consideramos que se podería ter aportado as memorias económicas que xustificaron na lei de orzamentos o citado incremento retributivo que contempla un aumento salarial para a equiparación cos letrados do Consello Consultivo.

Non nos opoñemos aos incrementos retributivos pero consideramos que se deben xustificar e argumentar e considerar cantos letrados hai no dito consello e cantos na Administración a efectos de valorar a equiparación. En calquera caso solicitamos que se revise se no Consello Consultivo existen tamén diferencias retributivas en outras escalas ou grupos para que, de xeito semellante, se extendan, por coherencia, ao resto de persoal funcionario da Comunidade Autómona.

Estas circunstancias tamén debería ser analizadas respecto das produtividades que se reciben en determinados postos e que tamén poden ser extendidas a outros funcionarios que desempeñan con dedicación, rigor e moitas veces traballando máis tempo das 37,5 horas estipuladas.

Conversión da forma de provisión de determinados postos a Libre designación (LD) en lugar de por concurso (ordinario ou específico)

A filosofía de SEPGA contempla sempre que a non ser que exista unha xustificación moi clara e contundente da necesidade da provisión por LD, a forma habitual debe ser por concurso. Porén nos últimos anos, se observa unha tendencia a voltar ás LD empregando a Resolución pola que se ditan instruccions para a tramitación de relacions de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcions que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.(DOG Núm. 44 do 4 de marzo de 2016) que é un verdadeiro caixón de sastre xurídico no que se xustifican obrigas relativas a calquera funcionario como xustificacións para argumentar que debe tratarse dun posto de LD e da que SEPGA ten solicitado a súa derrogación, xa que ademais cremos que este tipo de xustificacións desprestixian ao colectivo de funcionarios da comunidade autónoma, xa que parece dicir que as responsabilidades dos funcionarios non son suficientemente cumpridas polo persoal que accede aos postos por concurso.

Nesta ocasión chama a atención a conversión dunha xefatura de servizo e unha de sección do DOG argumentada nunha sentenza da Sala Terceira do Tribunal de Xustiza da UE (DOCE 26.02.2024) na que discrepamos na súa interpretación e da que consideramos que o feito de que sexan postos de LD non supón unha maior seguridade xurídica para o tratamento de datos que se publiquen no DOG.

Deslocalización de determinados postos de letrados.

A modificación da RPT contempla a deslocalización de dependencias para catro postos de letrados debido a circunstancias como realizar funcións en tódolos xulgados da comunidade ou estudos e informes de anteproxectos de leis que non esixen unha localización concreta. Parécenos a priori axeitado valorar esta posibilidade, aínda que debería acompañarse dun informe que abondara nas causas deste cambio. En calquera caso indicamos que en consecuencia habería que extender este tipo de argumentos e análises a outros postos da administración que tamén se atopen en circunstancias semellantes e que na actualidade provoca que moitas persoas deban facer longos desprazamentos ata a dependencia do seu posto de traballo,

Apertura de prazas a outras administracións (AGE e outras CC.AA).

A postura do SEPGA é que estas aperturas deben cinguirse a casos excepcionais polas características dos postos de traballo que requiran unha especial formación (investigación, asuntos extraordinarios etc,) xa que na administración autonómica existe, polo xeral, persoal preparado para estes postos e hai que fomentar tanto os procesos selectivos para incorporar novos efectivos, como a promoción interna para o persoal funcionario que promocione a poida cubrir prazas deste tipo.

PROPOSTA DE INCARDINACIÓN DE DETERMINADAS ESCALAS (ADAPTACIÓN ÁS ESCALAS DA ADMINISTRACIÓN DE DETERMINADOS POSTOS DE TRABALLOS DE ESCALAS E GRUPOS)

A D.X. de Emprego Público presenta  unha modificación de RPT de varias consellerías para incardinar postos existentes conforme ás escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario da Administración xeral e especial (Disposicións adicionais oitava e novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia),e así consolidar ta  especialización das funcións inherentes aos postos como a idoneidade das persoas que accedan a eles,e cumprir ás obrigas derivadas da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Afecta a diversos postos de ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS - ESP. TOPOGRAFÍA (7 prazas), ESC ESPECIAL DELINEANTES (34 prazas), ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST. - ESP. CAPATAZ (55 postos) e ESC. AUXILIAR RECURSOS NAT. E FOREST. - ESP. OFICIAL (61 prazas).

En realidade pretende simplemente adaptar postos con requisito indispensable de titulación, e outros, en postos do corpos, escalas e/ou especialidades de acordo coa Lei 2/2015, do emprego público de Galicia pero que non verán afectados nin o seu desempeño nin as súas características.

Unicamente nos delineantes, a falla do desenvolvemento normativo do Grupo B, cabe destacar que polo momento permanecerán no Grupo C!.

SEPGA solicitou que o desenvolvemento de dito grupo B que está previsto que faga regulamentariamente, debe ser unha prioridade xa que se leva anos sen atender e os funcionarios susceptibles de ser encadrados no grupo B levan moito tempo esperando por esta circunstancia.

ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS

SEPGA solicitou información sobre:

Teletraballo e incidencias de recortes na regulación do mesmo. Estamos observando, na mesma liña que ocorre no sector privado, a tendencia a poñer cada vez máis trabas ao teletraballo concedido mediante as correspondentes resolucións. Cuestións como, órdes verbais, correos nos que se indica que se seguen instruccións superiors, solicitar información improcedente (dende qué concello realizas o teletraballo), restrinxir as peticións de teletraballo para luns e venres coas dificultades que provoca que se concentren no periodo de martes a xoves nos que ademais se debe cumprir a porcentaxe de persoas en traballo presencial. etc. Neste senso, cabe recordar que as condicións do teletraballo de cada funcionario están establecidas nunha resolución que é a que indica a validez e as condicións e que polo tanto unicamente pode ser modificada mediante outra resolución, argumentada e conforme coa normativa reguladora e susceptible de ser recorrida, polo que cuestións que queden ao marxe deste marco non son nin asumibles nin se está obrigado a xustificar.

Concursos convocados o por convocar, no que nos informaron das próximas previsións relativas a diversas escalas e á Agrupación Profesional. Se nos informa que a maiores do concurso de veterinarios que será o próximo que se oferte como xa se indicara, se plantexan os concrusos de Restauración, de persoal pertencente á Agrupación Profesional (laboratorio, limpeza, etc) e posteriormente de Escalas (informática, finanzas, estadística o resto de escalas facultativas que aínda non están en proceso como coidadores xa que a súa funcionarización se atopa pendente, aínda que está previsto un exame o próximo 24 de maio).

Sentencias sobre destinos provisionais, recursos sobre extensións das sentenzas solicitadas. Continuamos incidinco nesta preocupante cuestión para moitos funcionarios, solicitando información sobre cantas reclamacións xudicias, peticións de extensión de sentenzas se presentaron etc. Cando menos conseguimos a información de que se lle están comunicando á administración extensión de sentenzas por parte dos tribunais pero que se están recurriendo todas elas.

Estudos conxuntos Emprego Público- Simplificación Administrativa para detectar redundancias, carencias o defectos de dimensionamento que poidan afectar a reasignación de efectivos. Neste senso tan so se indica que se está recabando información ao respecto e aínda non hai nada máis.